Presentación

O Consorcio compensa os danos producidos ás persoas e nos bens por determinados fenómenos da naturaza (ver riscos cubertos) e por algúns acontecementos derivados de determinados feitos de incidencia política ou social (ver riscos cubertos), a condición de ter subscrita unha póliza nalgún ou nalgúns dos ramos respecto dos que a lexislación vixente establece a obriga de incluír nas súas correspondentes coberturas a garantía destes riscos.


Marco normativo

O marco xurídico da cobertura dos denominados "Riscos Extraordinarios" en España está na actualidade presidido polo Estatuto Legal do Consorcio, aprobado pola Lei 21/1990, de 19 de decembro, e que, tras sucesivas modificacións, quedou recollido no texto refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 7/2004, do 29 de outubro, con modificacións introducidas pola Lei 12/2006, do 16 de maio.


Os termos en que se efectua a cobertura polo Consorcio están desenvolvidos na actualidade no Regulamento do Seguro de Riscos Extraordinarios, (aprobado por Real Decreto 300/2004, de 20 de febreiro, e modificado por Real Decreto 1265/2006, do 8 de novembro), no que se definen cada un dos riscos cubertos, os danos indemnizables e o alcance da cobertura. Esta norma ven a representar as " Condicións Xerais" que deberán ser aplicadas polo Consorcio na cobertura destes riscos, e representa a protección que, como mínimo, debe ter o asegurado.